Vai diminuindo a intensidade da borrasca Joseph á espera dunha nova fronte activa esta tarde noite . Seguimos en alerta laranxa por ondas no mar e en amerela por nevadas, pero, sen embargo, Meteogalicia asegura que a nova borrasca Kristin no afectará a Galicia.
Os concellos siguen pendentes da evolución dos cauces do Umia e seus afluentes menores que, en zonas especialmente sensibles como Caldas, Cuntis, Ribadumia ou Meis, anegaron estradas e fincas.
Loito en Sanxenxo polo falecemento do empresario turístico Carlos Troncoso Poceiro, aos 88 anos de idade.
Cambios no goberno municipal de Sanxenxo que axusta o seu organigrama. Trala marcha de María Deza en outubro, a Concelleira de Economía Facenda e Persoal, Paula Martínez, entregou hoxe a súa acta aducindo motivos persoais.
Finalmente, a avenida Juan Carlos I estará totalmente operativa en todo o seu trazado mañá, xoves 29 de xaneiro. Aprazase ao 5 de febreiro o corte de tráfico por obras nun edificio.
Vilagarcía reforzará diversos servizos municipais a partir de abril mediante a contratación de 33 traballadores a xornada completa por un período de 8 meses.
O Grove súmase á medida iniciada este verán na Illa de Arousa e instalará lectores de matrículas para controlar o tráfico nas zonas peonís.
Pontevedra terá uns orzamentos récord en 2026 que superarán os 103,7 millóns de euros.
A Deputación lanza "DepoPlay" unha canle dixital propia orientada a difundir contidos audiovisuais relacionados coa actividade institucional e coa provincia.
O Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía celebrarase do 20 ao 27 de xuño. O proxecto da que será a novena edición foi aprobado esta semana pola Xunta de Goberno Local.