Búscase na contorna da desembocadura do río Umia, en Cambados, a un veciño de Meis, de 48 anos, do que se descoñece o seu paradoiro dende o pasado mércores.
Sigue aumentando a axuda de Arousa ás zonas de Valencia afectadas pola Dana. No terreo xa están traballando os equipos de Protección Civil trasladados dende Vilagarcía, Cambados, Cuntis ou Portas. Dende Vilanova o alcalde Gonzalo Durán anuncia a contribución con maquinaria municipal, en coordinación coa Mancomunidade do Salnés.
Catro bombeiros de Pontevedra trasladaranse "en canto sexa posible" a Valencia como colaboración do Concello.
Dende Valga, o Belén Artesanal en Movemento a través da súa Tómbola Benéfica recadará nesta edición fondos para axudar aos afectados polo desastre natural de Valencia.
O paro no mes de outubro nas nosas comarcas sigue a tendencia do país e rexistra subidas en todos os concellos, agás nos municipos de Barbanza, debido, sobre todo, ao remate das contratacións estivais do sector servizos.
O Concello de Vilagarcía explicará esta tarde polo miudo á veciñanza de Vilaxoan o anteproxecto para a mellora da seguridade viaria de Veiga do Mar.
A Deputación Pontevedra está a executar unha segunda mellora viaria na estrada provincial EP-9701 Baión-András, en Vilanova e prevese unha terceira actuación, con senda peonil, para mediados de 2025 entre a Farmacia e o colexio.
O Concello de Sanxenxo realizará un cuestionario sobre igualdade e violencia de xénero entre o alumnado de 3º da ESO nos dous institutos do municipio, o de Sanxenxo e Vilalonga, e no colexio Abrente
O Concello de Ribadumia celebra a primeira mesa de traballo para a elaboración do I Plan de Igualdade do municipio.
O Auditorio Municipal de Vilagarcía acollerá o sábado 30 de novembro unha noite de boleros, da mán do artista cubano afincado en Vilagarcía Yamil Quijada.