A aparición de diversas pertenzas masculinas sobre unhas rochas da praia da Lavaxeira no Grove a pasada tarde mantén aberto un dispositivo de busca para dar co paradoiro do seu dono.
As Plataformas Ulloa Viva, En Defensa da Ría de Arousa e Mina de Touro-O Pino Non fan un novo chamamento á manifestación convocada para este domingo 14 de xuño na Illa de Arousa ante a situación agónica na que, aseguran, se encontra a ría de Arousa.
Vilagarcía amplía a súa colaboración coa Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Salnés e cédelle en uso outras tres salas do Centro Social do Ramal.
Ravella aproba axudas por valor de 81.000 euros destinadas ás comunidades de montes do municipio para a prevención contra os incendios e protección dos montes.
A Garda Civil investiga a segunda pintada aparecida na fachada central da igrexa de San Bieito de Fefiñáns, en Cambados.
PP de Cambados considera que a intención do goberno local de contratar de xeito urxente a tres funcionarios fóra da negociación da Relación de Postos de Traballo (RPT) supón a confirmación de que existe un mal funcionamento dos departamentos de Urbanismo, Servizos Sociais e Contratacións.
As catro praias máis concorridas do Concello de Sanxenxo - Areas, Silgar, Canelas e Montalvo- disporán de socorristas desde este venres 12 de xuño ata o 15 de setembro ininterrumpidamente.
AMancomunidade de O Salnés presentará o vindeiro luns 15 de xuño o seu novo proxecto de Destino Turístico Intelixente (DTI).
Catoira celebrará este sábado unha ‘Mini-romaría Vikinga’ organizada expresamente para a gravación do programa de televisión ‘Volando Voy’ que será emitido nas semanas previas á Festa Vikinga deste ano.
O CPI Mosteiro, do Concello de Meis, ten xa todo listo para a celebración da octava edición do Festival Solifesti que terá lugar este venres 12 de xuño na contorna da Praza de España.
O Hospital do Salnés acolle unha innovadora actividade interactiva dirixida a pacientes e aos seus acompañantes o libro titulado “Carapuchiña Vermella, unha aventura do corazón” para a prevención das enfermidades cardiovasculares.