#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Escola de Batukada de Cambados abre o prazo de inscripción para participar no curso que comeza o vindeiro 5 de novembro.
As clases terán lugar os martes de 20 a 21:30 horas no Salón Peña, cun custe de 10 euros ao mes e 30 prazas dispoñibles.
Ademáis, como xa ven sendo costume, o obradoiro de batukada realizará a súa presentación oficial ante os veciños durante as actividades que o concello ten preparadas para o Samaín. Será o 31 de outubro ás 19 horas na Biblioteca Luis Rey.
Asímesmo, o grupo de batukada participará con exhibicións noutros eventos como o Entroido, A Festa do Albariño, o Carnavrán de A Illa ou A Feira Franca de Pontevedra.
As inscripcións deben realizarse persoalmente na Biblioteca Luis Rey.
Os detalles explicábanolos a Concelleira de Cultura, Cruz Lago, acompañada do titor do curso, Jorge Pérez, e de algúns alumnos, na presentación do mesmo.