#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Vilagarcía volve a ser, por segunda vez, o lugar elexido para a celebración dos Premios Magnum do Viño Galego, promovidos polo Instituto Galego do Viño.
Será a novena edición, que se vai desenvolver o 16 e 17 de novembro, como complemento da programación da Feira Independente do Viño Castes.
O sábado 16 será a recepción no concello, ás 19 horas, e posteriormente terá lugar a celebración da gala de entrega dos Premios, ás 20:30 horas, no Salón de plenos.
Este ano, como novidade, terá lugar un Wine Circus cun picoteo e unha Wine Party para todos os invitados.
Xa o domingo dentro da Feira Castes realizaranse, ás 21 horas catas simultáneas en locais de hostelería de Vilagarcía.
O obxetivo de todo elo, “converter a Vilagarcía en capital do viño no evento de maior prestixio de Galicia”, tal como sinalaban esta mañá o Concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, o organizador de Castes, Sito Dieste, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas na presentación dos Premios.