#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados ten preparado a programación relacionada co Día contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro.
Este ano, como novidade incorpórase unha iniciativa solidaria organizada dende a Concellería de Enoturismo.
Será “Un paseo entre viñedos”, en beneficio da asociación Esmar, que terá lugar o domingo 17 de novembro ás 17 horas, coa colaboración coa Adega Condes de Albarei e a Fundación Manolo Paz.
No percorrido polos viñedos de Condes de Albarei un técnico da adega irá explicando aos asistentes os cuidados e procesos que requiren as viñas.
Unha vez na Fundación Manolo Paz procederase a unha degustación de viños de Condes de Alberei e aperitivos.
A saída haberá un peto para quen queira colaborar con Esmar.
Xa o propio día 25, Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, procederase á tradicional lectura do manifesto institucional ás 12 horas na Praza do Concello.
A programación complétase cunha charla sobre novas iniciativas na loita contra a violencia de xénero, o día 26 ás 19 horas en Exposalnés.
E no eido educativo, os alumnos de secundaria dos centros do municipio recibirán formación sobre a diversidade durante os meses de novembro e decembro.
Un programa de actividades transversal que tamén pretende fomentar a igualdade entre áreas e colectivos, ademáis de entre homes e mulleres.
Así nolo contaban esta mañá a Concelleira de Enoturismo, Cruz Leiro, e a alcaldesa Fátima Abal, no acto de presentación.