#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O goberno local de Cambados non executará a pavimentación definitiva do vial de Tragove, demandada polas empresas depuradoras da zona, ata que Augas de Galicia acometa unha canalización pendente.
Así llo comunicaron aos empresarios a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o Concelleiro de Obras, Samuel Lago, durante unha reunión celebrada para abordar o problema.
Mentres tanto, arranxará o mal estado do camiño de forma provisional cunha motoniveladora como se viña facendo ata o de agora.
Sen embargo, para o grupo municipal Cambados Pode a obra pendente de Augas de Galicia é unha excusa do goberno municipal ante a súa “falta de capacidade de xestión”.
O seu portavoz, José Ramón Abal urxe Concello á execución da mellora definitiva á maior brevidade posible xa que é un proxecto incluido no Plan Concellos 2018 da Deputación cun importe de 98.000 euros e de non executarse en tempo existe o risco de perder a subvención.
“Se eu continuara como concelleiro a actuación estaría completamente executada”, asegura Abal, que con tal motivo presentará unha moción no pleno deste mes.