#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Illa de Arousa ten xa preparada a programación do seu Nadal en Acción.
As actividades comezarán este venres día 13 co Encontro de Corais, un concerto de panxoliñas que terá lugar dende ás 20:30 horas no auditorio municipal.
O mércores 18 a Escola Municipal de Música realizará un DemoDay ás 19 horas no auditorio.
Tamén haberá importantes visitas.
A Apalpadora estará o sábado 21 ás 12 horas na Praza do Concello e pola tarde a Banda municipal de Música ofrecerá o seu concerto de Nadal ás 19 horas no auditorio.
Papa Noel percorrerá a vila co seu desfile tradicional o día 23 dende a praza do concello ás 17:30 horas.
O día 28 celebraráse o Festival de Música e Danza da Asociación Cultural Dorna, ás 19 horas no auditorio.
Ademáis, María Fumaça se achegará á Illa para presentar o seu novo disco "O veleiro verde", o sábado 4 de xaneiro ás 19 horas no auditorio municipal. A entrada terá un custe de 5 euros anticipada e 7 en taquilla.
E xa o día 5 chegarán os Reis Magos para desfilar en cabalgata polas rúas do municipio e posteriormente atender as peticións dos más pequenos no auditorio.
Ademáis, a Fundación de Deportes de A Illa de Arousa organiza unha nova edición do Nadal en acción, con xogos e actividades deportivas para nenos como Espías navideños, Videoxogos físicos e Fornite físico, que se desenvolverán no colexio Torre durante ás vacacións de Nadal.
A programación desvelabana o alcalde de A Illa de Arousa, Carlos Iglesias e a xerente da Fundación deportiva, Paula Dios.