#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Os representantes do PP da comarca do Salnés non asistirán ao pleno de constitución da Mancomunidade convocado pola secretaria para o vindeiro luns por consideralo ilegal.
Anunciábao esta mañá o presidente en funcións, Gonzalo Durán, acompañado do portavoz popular en Cambados, tras recibir os informes encargados aos asesores xurídicos do partido.
Segundo Durán, a convocatoria non cumple a legalidade, por ter caracter extraordinario e non constitutivo, e por tal motivo os acordos que se adopten tampouco o serán.
Ademáis, os populares consideran que “é un sinsentido que a secretaria convoque este pleno cando hai catro anos ela mesma non deixou votar a elección do presidente ata que tomaran posesión os representantes de Vilagarcía, e en cambio agora sí o permite ainda que este sin resolver a representación de Meaño e unha de Sanxenxo”.
Neste sentido, engaden que recurrirán os acordos que se tomen nos vindeiros plenos e sinalan que "a secretaria terá que dar explicacións destas decisións nos xulgados cando sexa chamada a declarar".
Asímesmo, non entenden as declaracións da alcaldesa de Cambados Fátima Abal, quen dixo que a Mancomunidade non estaba solo para o turismo, e defenden os servizos que da a entidade, como o CIM, os plans de emprego, o servizo de bacheo, auga ou basura entre outros.
En todo caso, Durán asegura que Vilanova e outros concellos seguirán apostando polo turismo, sobretodo de cara o ano Xacobeo, realizando actuacións ainda que sexa por fora da entidade comarcal.
Segundo Gonzalo Durán e Luis Aragunde é un día triste para o Salnés xa que é a primeira vez que acontece esta situación de falta de entendemento e acordo nos 30 anos da Mancomunidade do Salnés.