#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Vilagarcía acollerá un ano máis unha das etapas da Marcha Ciclista Unificada organizada por Special Olympics Galicia para persoas con e sen discapacidade intelectual.
A iniciativa chega a localidades das catro provincias galegas, cunha última proba en Vilagarcía de Arousa o 6 de outubro, que sairá ás 10 horas dende a Praza da II República
Os ciclistas percorrerán cartro etapas que comezarán o vindeiro 3 de outubro no municipio ourensá de Baños de Molgas, continuará o dia 4 en Sarria, na provincia de Lugo, o día 5 en Santiago de Compostela e rematará o día 6 de outubro en Vilagarcía de Arousa cunha etapa de 13 km.
A de Vilagarcía será a máis numerosa coa participación de 9 entidades de discapacidade intelectual, 7 galegas (CON ELES, ASPAS, AS BURGAS, ASPANAS, EU SON, ASPRONAGA e ADO) e dúas de fora de Galicia ESPORTIU, de Barcelona, e ESPURNA de Valencia.
En total, nas diferentes marchas, participarán 65 atletas com distapacidade intelectual.
O obxetivo de esta marcha Special Olympics é ofrecer unha xornada de convivencia entre entidades e clubs de Galicia para promocionar a práctica do ciclismo nas persoas con discapacidade intelectual de Galicia e achegar a súa problemática a toda a sociedade.
Os detalles da etapa de Vilagarcía coñecíamolos esta mañá na presentación da Marcha por parte do alcalde, Alberto Varela, acompañado do adestrador de Con Eles, Isidoro Canabal e o presidente de Special Olympics, Eladio Fernández.