#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Alumnos do IES Bouza Brey de Vilagarcía promoven o I Torneo EuroXacobeo U16 de Baloncesto que se celebrará este xoves, venres e sábado no pavillón de Fontecarmoa.
Este novo evento deportivo xurdiu como un proxecto de curso dos alumnos do Ciclo Técnico Deportivo de Baloncesto, que se imparte únicamente en Galicia no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía.
Esta primeira edición do Torneo Euro Xacobeo. reunirá a 6 equipos de categoría cadete Sub-16.
O Obradoiro Cab, o SL Benfica de Portugal, o Baltic Stars de Londres, campión inglés, o Cajasiete Canarias, o Baloncesto Torrelodones e os Estudiantes Lugo, competirán durante tres xornadas en Fontecarmoa.
Ademáis, a competición terá tamén a súa vertente turística e cultural xa que os organizadores enseñarán aos participantes a ruta marítima Xacobea.
O evento deportivo conta coa colaboración da xerencia do Xacobeo da Xunta de Galicia e do Concello de Vilagarcía e foi presentado esta mañá coa presencia do titor do Ciclo de Baloncesto, Pablo Villaronga, e un dos alumnos, Eduardo Cadenas, acompañados do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela.