#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Acabou a festa e chega o momento de balances e recontos.
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o Tenente de Alcalde, Tino Cordal, fixeron esta mañá valoración en cifras da LXVII edición da Festa do Albariño, a primeira de Interese Turístico Internacional.
Segundo as estimacións municipais, durante os cinco días estiveron en Cambados máis de 250.000 persoas, sendo os días de maior afluencia o venres e o sábado.
A máis multitudinaria dos últimos anos pero tamén “a máis cívica” xa que “pese a gran afluencia de público todo transcurriu con normalidade e sen sobresaltos”
O goberno local celebra moi positivamente que os incidentes fosen mínimos, aínda que “todavía nos queda moito por traballar e mellorar esta festa que cada ano é máis multitudinaria”, sinalaron.
O custe total da festa sitúase en torno aos 395.000 euros, cuns ingresos de máis de 195.000 euros entre patrocinios, taxas e as subvencións doutras institucións que este ano foron maiores por ser Festa de Interes Internacional.
Concretamente, a Xunta aportou 50.000 euros, a Deputación 37.000, patrocinios 26.000 e ingresos por taxas máis de 81.000
A maior parte do gasto, 240.000 euros, foi destinado á trintena de actividades e eventos organizados, sobre todo a partida destinada aos concertos. Entre eles destacan os de Luz Casal 50.000 euros, Mala Rodríguez 42.000, Cristina Rosenvinge e Javier Mena 26.000 e Siniestro Total 18.000.
En limpeza destináronse 33.000 euros e a outros gastos 87.000.
E
n canto ao Xantar, acudiron 550 persoas, das que 240 pagaron os seus cubertos, entre eles os concelleiros de Somos Cambados, e o resto, 310, foron invitados.
Grazas ao traballo extra dos traballadores municipais, que recibirán unha compensación de productividade polo seu esforzo, o Concello reforzou os servizos hixiénicos e de limpeza con maior número de baldeos das rúas, que continuarán durante os vindeiros días ata que todas queden en perfecto estado.
E xa pensando na próxima edición, o goberno local avanza que xa está pensando en medidas que melloren diferentes aspectos, como a reciclaxe, involucrando á hostelería na venda de vasos de material reciclable, ou a barreira anticontaminación.
Así o sinalaban a alcaldesa Fátima Abal e o Tenente de Alcalde, Tino Cordal, na valoración realizada esta mañá.