#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados súmase ao programa “TEApuntas” promovido pola Asociación Familias Azuis, que integra a persoas con Trastorno de Espectro Autista.
O colectivo, con sede en Ponteareas, atende a 19 familias do sur da provincia e recentemente ampliou a súa cobertura tamén a Cambados.
O programa “TEApuntas” promove xornadas de convivencia con actividades deportivas e lúdicas para que as persoas afectadas por este trastorno poidan intercambiar vivencias co fin de avanzar e mellorar a súa relación diaria.
As actividades deportivas desenvolveranse todos os martes de xullo, en horario de 10.30 a 12.00 horas, no Campo Municipal de Cambados.
Ademáis, os participantes tamén poderán divertirse con xogos de Lego os días 2, 9 e 16 de xullo de 18.00 a 19.00 horas.
As actividades son totalmente gratuítas e están destinadas a nenos e nenas entre 6 e 15 anos.
O programa “TEApuntas” foi presentado esta mañá en Cambados pola alcaldesa, Fátima Abal, e varios membros da asociación Familias Azuis,