#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Os hosteleiros de Vilagarcía abren unha nova edición do “Destapa”, que mantén o mesmo modelo que ano pasado co fin de dar a coñecer os seus locais e desestacionalizar o turismo.
A X edición da Ruta e Concurso de Tapas comezará este venres e prolongarase ata o domingo 16 con ata doce propostas gastronómicas diferentes.
Os prezos tampouco terán cambios: a tapa sen bebida será a 2,50 euros, con botellín de Mahou 3,50 euros, e con albariño Eidosela ou con Mencía Campaza 4 euros.
Ademáis, mantéñense os dous días do tapeador, o martes 11 e o mércores 12, con prezos máis baixos.
En canto ao apartado de premios para os clientes, os que consigan encher o cupón co cuño de catro establecementos optarán a 100 euros en metálico, a cesión durante unha fin de semana do novo Volkswagen T-Cross ou estuches de albariño de diferentes marcas.
Os detalles nolos contaba o presidente de Ahituvi, Richard Santamarí, na presentación do evento.