#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados quere seguir dinamizando o comercio local e faino neste caso a través da iniciativa “Quere o teu mercado” da Xunta de Galicia.
Será unha actividade dirixida aos mais pequenos que terá lugar este sábado de 11 da mañá a 13.30 horas no primeiro andar da praza de abastos.
Os nenos e nenas participantes poderán debuxar a súa idea do mercado nuns bandeiríns instalados para a ocasión na balconada da praza.
Tamén haberá agasallos de mandís e bolsas para as persoas que acudan ese día ao mercado e unha campaña en Instagram cos mesmos premios.
Nolo conta o Concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, na presentación da iniciativa, acompañado da alcaldesa, Fátima Abal, o Concelleiro de Educación, Victor Caamaño, o edil de Servizos Sociais, Tino Cordal, e a monitora das actividades Mayte Barral.