#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Asociación Galega de Atrofia Muscular Espinal (AME) GaliciAME, convoca por segundo ano consecutivo unha beca económica para fomentar a investigación desta enfermidade, tanto a nivel nacional como internacional.
O obxectivo é seguir avanzando neste campo no que todavía a investigación é escasa, tentado así facilitar a posta en marcha de proxectos novidosos que melloren a calidade de vida dos afectados e as súas familias.
Nesta ocasión, o importe da beca é de 40.000 euros, recadados a través dos diferentes eventos e festivais benéficos organizados pola Asociación.
Os fondos van dirixidos a proxectos relacionados con aspectos relevantes da enfermedade.
O importe son 10.000 euros menos que o ano pasado pero suficentes para que se poida cumplir o obxectivo..
Así o decía esta mañá a presidenta de GaliciAme, Merchi Alvarez, na presentación da beca acompañada da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal.
Poderán optar á axuda profesionais implicados na atención aos pacientes con AME (investigadores básicos, farmacólogos, neurólogos, pediatras, enfermeiras, mestres, fisioterapeutas, inxenieiros biomecánicos, informáticos, psicólogos, terapeutas ocupacionais, logopedas, traballadores sociais, etc.), ben sexa de forma independente ou multidisciplinaria.
O orzamento total do proxecto pode ser para un ou varios.
O prazo de presentación de ideas ábrese hoxe e rematará o 8 de novembro de 2019 ás 24 horas
O gañador da beca darase a coñecer na semana do 18 ao 22 de novembro e deberá estar presente na V Gala benéfica a prol da AME, que terá lugar en Cambados o 6 de decembro, onde se realizará o acto de entrega de forma presencial.
Todos os proxectos recibidos serán valorados por un xurado composto por catro persoas cualificadas neste campo de investigación, elexido pola directiva da Asociación.