#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Os alcaldes de Vilagarcia e Caldas, Alberto Varela e Juan Manuel Rey, explicaron esta mañá a súa valoración do encontro mantido este luns en Portas coa Conselleira de Medio Ambiente, Angeles Vázquez, sobre o proxecto da Vía Verde do Salnés.
Nesa xuntanza, a Conselleira aseguraba que a Xunta mantiña a reserva de 175.000 euros da súa aportación económica pero sinalaba que era necesario un novo estudo da situación para ver en que maneira se pode artellar a participación do Goberno galego na execución do proxecto.
Os rexedores de Vilagarcía e Caldas califican a reunión de “desagradable e brusca” e reclaman á Xunta que rectifique, que ainda está a tempo.
Insisten en que a Xunta debe aportar o 35% real do proxecto contando o IVE, é dicir os 200.000 euros comprometidos inicialmente pola predecesora de Angeles Vázquez, e que se cumplan os prazos.
Asimesmo, aseguran non entender as declaracións do novo alcalde de Portas que acusaba á Deputación de deixar descolgado do proxecto ao seu municipio, xa que, afirman, a administración provincial é a única que está cumplindo.
Ademáis, reflexan o esforzo económico que ambos concellos terán que facer para asumir a diferencia da aportación inicial de Portas, que finalmente quedará nun 10% do orzamento.
Así se pronunciaban Juan Manuel Rey e Alberto Varela.