#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Sergas executará a reforma do Centro de Saúde de Vilanova mediante un convenio de colaboración asinado entre o alcalde, Gonzalo Durán, e o Conselleiro de Sanidade, Vázque Almuiña.
A inversión asciende a 40.382 euros que serán financiados a partes iguais por ambas administracións.
A actuación incluirá a sustitución do ascensor e do acumulador, reparación das portas interiores e exteriores, o pintado de varias dependencias e a reparación da instalación eléctrica.
Ademáis, o alcalde Gonzalo Durán, xestionou esta mañá coa Conselleira de Política Social, Fabiola García, outras actuacións para o municipio.
Entre elas, a ampliación da gardería e a creación de A Casa do Maior nas parroquias.
Serían pequenos centros de atención aos maiores para grupos de 5 persoas cun cuidador, en base o que xa está a facer a Xunta en Concellos para Concellos de menos de 5.000 habitantes.