A Asociación de Mulleres Rurais "As Saíñas" de Cambados celebra un ano máis unha andaina solidaria.
Nesta ocasión será en favor da Asociación Española Contra o Cancro e especialmente adicada á veciña de Castrelo, Pilar Fernández Muñiz que está loitando contra esta enfermidade.
Ademáis de Pilar, a Asociación presta atención en Cambados a 10 persoas mediante axuda psicolóxica, 9 en atención social, 34 en servizo de logopedas e 55 en radioloxía.
Asimesmo, a AECC ten a disposición de cualquer persoa o número de teléfono 900100036 que é atendido por médicos e psicólogos especializados durante as 24 horas do día.
A Andaina organizada por “As Saiñas” celebrarase o vindeiro 1 de maio e contará tamén coa presencia de dous xogadores do RC Celta, que apadriña está edición, Pione Sisto e Emre Mor.
Os detalles nolos contaba esta mañá Leonor Muñiz Presidenta Asociación As Saíñas, durante a presentación da iniciativa, acompañada pola alcaldesa Fátima Abal, a Presidenta AECC Pontevedra, Marisé Crespo, e German Arteta, da Fundación RC Celta
A ruta sairá as 17 horas do campo de fútbol de Castrelo e tras 2 horas e 12km polo Sendeiro Intermareal do Umia, voltaráse ao campo onde haberá diferentes actividades amenizadas por Dj Lola.
Contarase tamén coa actuación do grupo vigués Media Punta que interpretarán a viral Muiñeira de Chantada, e ademáis os máis pequenos da parroquia amosarán as súas dotes en Zumba.
Quen queira participar nesta Andaina gratuita pode anotarse, por motivos de loxística e habituallamento, no teléfono da asociación As Saiñas, 687968888.
No campo de fútbol haberá un peto para quen desexe realizar as súas doazóns para a Asociación Española Contra o Cancro.