#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Mancomunidade do Salnés conseguiu, por fin, a financiación para poñer en marcha a finais de ano dous proxectos de mellora e eficacia da Estación de Tratamento de Auga Potable da comarca, ubicada en Treviscoso.
Son dúas importantes actuacións de alta innovación que asceden a case 700.000 euros subvencionados nun 80% polo IDAE, Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía adscrito ao Ministerio de Transición Ecolóxica.
O resto tería que ser asumido polos Concellos integrados na Mancomunidade ainda que a entidade comarcal prevé que finalmente as partidas municipais se amorticen co aforro que se consiga mediante a implantación dos novos sistemas.
En principio, prevese unha reducción do 38% da enerxía e unha diminución de 600.000 kilos de CO2.
Asimesmo, con esta obra preténdese buscar unha solución á presencia da alga Egeria Densa que obstrue as canalizacións puidendo provocar a rotura do sistema de bombeo.
Son, concretamente, dous proxectos.
O primeiro, de Eficiencia Enerxética, ten un custe de 300.000 euros destinados á mellora do equipo de bombeo: cambiaranse os motores trifásicos e instalaranse motores de frecuencia.
O segundo proxecto, de Enerxías Renovables, está valorado en 364.000 euros, e consiste na ubicación dun pozo ranulado, a instalación dunha turbina de hélice e un sistema tecnolóxico para os depósitos de cabeceira.
Novas medidas que suporán a optimización da planta de Treviscoso aproveitando a forza do caudal do Umia como efecto turbina.
Ambos proxectos foron presentados esta mañá polo
técnico da Mancomunidade, Carlos Vieites, e o inxenieiro da obra, Luis Varela, acompañados do presidente comarcal, Gonzalo Durán e o delegado de Turismo, Gonzalo Pita.