#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Pousada de Ribadumia xa ten licencia de apertura pero previamente tense que executar a obra de urbanización do entorno que xa a Deputación sacou a licitación.
O alcalde de Ribadumia, David Castro, informou hoxe dos últimos trámites para a legalización do inmoble asegurando que o Concello rematou xa a súa xestión unha vez que concedeu a licencia de apertura.
Está xa licitado o expediente de contratación promovido pola Deputación para a necesaria urbanización previa do entorno da Pousada.
Concretamente, o goberno provincial prevé unha inversión duns 250.000 euros para acondicionar as rúas 1 e 4 da urbanización Santa Eulalia.
Con esta actuación realizaranse as pavimentacións dos viais, con creación de beirarúas na número catro, dotaranse de servizos as dúas rúas, e devolverase a Igrexa a zona de axardinamento previamente ocupada.
A maiores tamén se plantean diversas actuacións no aparcamento interior.
E ante as críticas do PP, o alcalde defende as xestións realizadas durante estes catro anos polo seu equipo de goberno para legalizar un proxecto heredado do anterior goberno provincial cheo de erros.
Entre eles, a construcción de plantas que non figuraban no proxecto, a falta de xustificación de diversas actuacións ou a ocupación de solo pertencente á Igrexa que agora é necesario devolver.