#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados continúa coas actividades programadas para o mes de marzo con motivo do Día da Muller e nesta ocasión, organiza un Torneo de Golf Feminino.
A “Friends Cup Feminina” consiste nun campionato de golf no que participan 15 parellas formadas por un/a experto/a e unha muller que queira aprender a xogar ao golf.
O obxetivo de este torneo feminino, organizado pola Concellería de Igüaldade e o Clube Chan do Fento do Campo de Golf de Meis, é visibilizar a muller no mundo do golf, así como achegar este deporte aos veciños para demostrar que non é elitista.
A cita terá lugar este sábado 16 de marzo de 10 a 14 horas, e o custe será de 10 euros por parella, ainda que no caso das mulleres afeccionadas será o Concello quen abone as entradas.
Ademáis, o domingo 17 de marzo o Campo de Golf de Meis tamén celebra o II Torneo da Camelia e un concurso - exposición.
A Friends Cup Feminina foi presentada esta mañá en Cambados pola alcaldesa, Fátima Abal, e o Presidente do Club Chan do Fento, José Carlos Otero.