#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Xa está en marcha a V Carreira Solidaria Ladesol, que organiza cada ano o colexio San Francisco co fin de fomentar o deporte pero tamen os valores solidarios e a sensibilidade da cidadanía.
A proba será o domingo 24 marzo con saída da Avenida da Mariña ás 10 horas. Toda a familia pode participar nos diferentes percorridos: entre 100 metros e 10 kms da Carreira e 4'5 km na Andaina.
As inscripción poden facerse na web www.carreirasgalegas.com, no propio Colexio San Francisco ou na carpa que os organizadores instalarán na Praza de Galicia os días 9 e 16 de marzo.
O custe é de 6 euros para os maiores e 3 euros para os pequenos.
A recaudación será doada a Fundación Lazos de Solidaridade para dotar de libros á biblioteca da Escola que se foi construindo en Angola.
O ano pasado participaron 1.200 personas e nesta edición xa están anotados un cento de corredores en tan só unha semana.
Os detalles da Carreira nolos contaba esta mañá o responsable técnico, Jacobo Ventoso, na presentación do evento, acompañado da Deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a Xefa de Estudos do Colexio San Francisco, María José Méndez, e a representante da Fundación Ladesol, Socorro Feijoo.