#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A celebración de San Valentín chega a Cambados cunha iniciativa novidosa, organizada por Zona Centro e o Concello.
A campaña dos namorados trata este ano de incentivar o comercio local durante o mes de febreiro a través das redes sociais e concertos de grupos locais.
Os participantes deberán fotografarse coa súa parella nos tres photocalls, elaborados polo Obradoiro de Cambados, distribuidos en tres zonas do casco histórico, nas prazas do Concello, Asorey e Alfredo Brañas.
Despóis só hai que subila as redes sociais co hastag #cambadosnamora.
A fotografía máis votada en Facebook, Twiter ou Instagram gañará un pack romántico e a segunda unha cea para dous.
A iniciativa complétase cos concertos románticos que se celebrarán do 15 ao 17 de febreiro en diferentes prazas de Cambados, con Take it Easy, The Velvet Crab, The Artrosic Monkeys e Pauliña.
Os detalles nolos contaban esta mañá o Concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, e o Presidente de Zona Centro, Juan Rey.