#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O entroido de Cambados queimará o polémico VAR que tanta confusión está a xerar no mundo do fútbol.
A Concellería de Cultura que dirixe Victor Caamaño ten xa preparado o programa das festas máis divertidas do ano, o Entroido, que este ano recae máis tarde e celebrarase do venres día 1 ao mércores 6 de marzo.
Os técnicos de cultura xunto cos alumnos do obradoiro de emprego serán os encargados de realizar a representación do VAR que será queimado xunto coa sardiña no remate das festas cunha cerimonia oficiada pola actriz Isabel Risco a partir das 19 horas.
Ademáis, como novidade este ano, o desfile de carrozas que se celebrará o domingo 3 de marzo, se o tempo o permite, mudará o seu itinerario e terá un percorrido similar á cabalgata de Reis.
De tal xeito, sairá ás 17 horas da Escalinata de San Tomé, pasando pola Avenida de Galicia, Praza do Concello, Avenida de Madrid e rematando por primeira vez na Praza de Fefiñáns.
O resto da programación será a habitual. O pistoletazo de saída será o venres as 22:30 horas na Praza de Alfredo Brañas, coa adaptación cambadesa en clave de humor do coñecido programa de televisión "A túa cara soame"
Xa o luns de entroido será o turno dos máis pequenos co baile infantil e o concurso de disfraces. Ademáis, tamén se celebrará o tradicional concurso de filloas. Todo elo desenvolveráse no Salón Peña dende as 17:00 horas.
O martes de entroido Cambados acolle na Praza de Alfredo Brañas o gran concurso de disfraces de adultos e o concurso de comparsas, que nesta edición, incrementa a cantidade dos premios que, desta volta, serán abonados en vales compra do comercio local.
No caso de choiva, as actividades trasladaránse ao Salón Peña, agás o desfile de carrozas que mudaría ao martes ou, se fora necesario, ao seguinte sábado.
Os detalles deste entroido cambadés explicábaos esta mañá o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño.