#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Salnés retoma as actividades, centrando agora as súas reivindicacións na demanda dunha “Atención Primaria Digna”.
O colectivo convoca para este vindeiro martes 29 de xaneiro concentracións simultáneas en todos os centros de saúde da Área Sanitaria do Salnés que terán lugar ás 12 do mediodía.
Ademáis, fai un chamamento de cara á manifestación convocada pola Plataforma de Galicia para o vindeiro 10 de febreiro en Santiago.
Neste caso, para facilitar a asistencia saldrán autobuses dos Concellos de toda a área, agás Vilanova, con inscripción previa nos teléfonos habilitados para elo en cada concello.
Unhas mobilizacións coas que se pide á Xunta que remate coa precariedade na atención primaria, tal como explicaban esta mañá a portavoz da Plataforma, Rosa Casal, e o representante da CIG, Anxo Lúa, na presentación das mesmas no Centro de Saúde de San Roque, en Vilagarcía.