#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Familiares de usuarios da Residencia Valle Inclán de Vilanova e as traballadoras do centro volven a exixir á Xunta unha solución que evite o peche do xeriátrico.
Acompañadas de Gañemos Vilanova, entregaron esta mañá por rexistro no Concello “un cofre de carbón para o alcalde e os seus amigos da Xunta co fin de que se dignen a dar explicacións”.
O grupo municipal de esquerdas critica a actitude do gobierno local por incumplir o compromiso ante o pleno de xestionar unha reunión coa Xunta.
Acusan á Consellería de Servizos Sociais de “oscurantismo” e reclaman ao delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís que nun prazo de cinco días lles mostre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que decreta o peche porque aseguran que “non a atopan por ningún lado”,
Asimesmo, os familiares denuncian que a Xunta todavía non trasladou á Valedora do Pobo os informes solicitados sobre os problemas do centro e as causas do peche.
Ademáis, culpan á administración autonómica de “deshumanización” ante os cincuenta postos de traballo e os 100 usuaarios da residencia.
Neste sentido, os traballadores queixanse do “acoso” recibido polas contínuas inspeccións de Servizos Sociais, “unha cada semana, que interrumpen o bo funcionamento e todo o traballo da residencia”.
Ademáis, tamén desvelaron que se enteraron onte de que a denuncia contra o administrador concursal por posible caso de corrupción presentada hai un mes foi admitida a trámite no xulgado de Vilagarcía
Dende o goberno local de Vilanova, o alcalde, Gonzalo Durán, asegura que nas reunións mantidas coa Consellería de Servizos Sociais sempren reclamou o mantemento da residencia e dubida de que este tipo de accións, “promovidas por partidos de estrema esquerda que solo queren axitación e propaganda”, beneficien aos traballadores.