#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados decretou tres días de loito, suspendendo toda actividade oficial, as bandeiras están a media asta, e o alumeado de Nadal permanecerá apagado.
Un minuto de silencio cubriu esta mañá a multitude de veciños que se congregaron este mediodía na Praza do Concello en sinal de dó.
Os acordes de “Negra Sombra” de Rosalía de Castro coa voz de Luz Casal acompañaron un emotivo acto no que a alcaldesa, Fátima Abal, acompañada do equipo de goberno e de membros de toda a corporación, leu unha declaración de pésame e apoio ás familias.
Un día dos máis duros en Cambados, en palabras da alcaldesa, Fátima Abal, dos concelleiros de goberno, Víctor Caamaño, Tino Cordal e José Ramón Abal, e do portavoz do PP, Luis Aragunde.
Palabras de pesar tamén dende o goberno de España e dende a Xunta.
O Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, estiveron tamén presentes tamén no acto e sumáronse as condolencias.
A Deputación de Pontevedra tamén trasladou esta mañá o pesar do goberno provincial a través da presidenta Carmela Silva, que decidiu cancelar a súa axenda oficial tras gardar un minuto de silencio en Soutomaior onde, en sinal de dó, as autoridades non participaron no acto de inauguración dunha exposición