#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Os viños espumosos de 9 adegas da D.O. Rías Baixas estarán presentes na I Festa do Albariño de Inverno de Cambados que se celebrará este sábado 15 de decembro e terá como pregoeira a Merchi Álvarez.
Co mesmo formato que na tradicional Festa do Albariño, no evento poderanse degustar as variedades de viños espumosos das adegas Terra de Asorey, Novavila, Martín Códax, Pablo Padín e Pepa a Loba do Salnés, Señorío de Rubiós, Eidosela e As Laxas do Condado e Altos de Torona de O Rosal.
Ademáis, está festividade de inverno terá un carácter solidario e o prezo da copa de cristal, de 2 euros, irá destinado íntegramente á asociación GaliciAme, que preside Merchi Álvarez, para a investigación de esta enfermidade.
En canto ao prezo dos espumosos, o mínimo por copa será de 2'5€ e por botella estará establecido por cada adega.
A I Festa do Albariño de Inverno celebrarase o sábado 15 de decembro no Salón Peña en horario de 11:30 a 14:30 e de 18:00 a 21:30 horas pola tarde.
A inauguración será ás 11:30 horas da mañá, co pregón e posteriormente coa actuación do violonchelista ruso Vladimir von Litvikh, e xa pola tarde, a música estará a cargo do grupo Galifunk Brass. Tamén haberá obradoiros e zona de xogos para os máis pequenos.
Tanto dende o Concello como dende a Mancomunidade de O Salnés, destacan a importancia de crear este tipo de eventos que axudan a desestacionalizar o turismo e tamen promocionan o consumo de viños espumosos no Nadal.
Así o explicaba o edil de enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, durante a presentación da Festa do Albariño de Inverno na que estivo acompañado do delegado de Turismo da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Pita, e representantes das adegas participantes.