#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Cáritas Interparroquial de Arousa quere darlle visibilidade ás persoas sen fogar a través dunha campaña promovida dende a Casa de San Cibrán, que actualmente acolle a nove residentes.
Baixo o nome de “Estou tan preto que non me ves” a iniciativa reflexa siluetas blancas con mensaxes ubicadas en diferentes lugares públicos de Vilagarcía, como o Instituto Cotarelo Valedor, o Centro de Saúde, o Concello ou a Praza de Abastos.
Ademáis, este xoves realizarase unha xornada de Portas Abertas na Casa de San Cibrán, en conmemoración do Día das Persoas sen Fogar, coa lectura dun manifesto ao mediodía e un obradoiro de atrapasonos pola tarde.
Trátase dun xeito de concienciar á sociedade dunha situación da que ninguén está libre, tal como nos contaba esta mañá a educadora social de San Cibrán, Mila Hermida, na presentación da campaña.
Asimesmo, a directora da Casa de San Cibrán, Montserrat Rosales, reclamaba a modificación da política de vivenda pública, a regularización do mercado de aluguer e a prestación mínima con garantía.
No acto tamén estivo presente o director de Cáritas Interparroquial de Arousa, Francisco Fernández.