#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Sanxenxo ten xa totalmente renovado o Centro de Día de Baltar tras unha inversión de 150.000 euros.
Queda, eso sí, pendente para un futuro, o cambio da iluminación por led e a instalación de paneis solares.
As obras de reforma, realizadas en dúas fases, permitiron, entre outras renovacións, a sustitución completa da fachada con mellor aillamento térmico e de humidades e a habilitación do xardín para crear unha nova zona de actividades ao aire libre.
O Centro ten capacidade para 80 usuarios, ainda que actualmente o utilizan 67 maiores, que abonan 190 euros mensuais ao ser cofinanciado polo Concello con 250.000 euros anuais.
Un centro de Día do que o Concello se sinte orgulloso, ao ser o único municipal de toda Galicia, ao igual que da partida de 1,5 míllóns de euros que o goberno local destina cada ano aos servizos sociais.
Así o destacaban esta mañá o alcalde, Telmo Martín, e a Concelleira de Servizos Sociais, Silvia Freire, durante unha visita ás instalacións de Baltar.