#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, visitou hoxe Vilagarcía para coñecer in situ as demandas do goberno local.
Dende o concello trasladouselle a necesidade de maior seguridade e o incremento da plantilla da policía nacional no municipio.
Neste sentido, Losada insistiu en que Vilagarcía é unha cidade tranquila e segura pero recoñeceu a necesidade de máis axentes en toda España.
O goberno de Alberto Varela tamén solicitou a colaboración para conseguir a parada do AVE a Madrid.
Pola súa parte, o delegado en Galicia asegurou que se reunirá mañá en Vigo coa presidenta de ADIF para que teña en conta a Vilagarcía nas paradas do tren de alta velocidade, unha vez que a proposta ten xa o beneplácito do Ministro de Fomento, José Luis Ábalos.
Na reunión de traballo tamén se falou da realización da segunda fase do paseo marítimo, a reforma do cuartel da Garda Civil e a solicitude do terreo anexo aos xulgados para habilitar un aparcamento temporal.
Pola súa parte, o delegado do goberno, Javier Losada, asegurou que leva os deberes para a súa delegación e anunciou que o Ministerio de Fomento sacou xa a licitación a redacción do estudo económico para a creación da Variante Oeste da N-640.
Un novo vial que aliviaría o tráfico pesado polo centro da cidade.
Ademáis, o delegado do goberno tamén mantivo unha xuntanza coa Asociación de Comerciantes Zona Aberta que lle trasladaron as súas reclanacións para que se regularicen a nivel autonómico os períodos de rebaixas.