#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Vilagarcía acollerá a VIII edición dos Premios Mágnum do Viño Galego.
A gala de entrega celebrarase o domingo 25 de novembro ás 13.30 horas, no marco da Feira Independiente do Viño Castes, na Praza de Abastos de Vilagarcía.
O evento, que reunirá aos máis importantes representantes do sector do país, é un recoñecemento aos traballos e aos profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.
Ademáis, como novidade, nas oito categorías desta edición incorpórase un novo galardón: o Mágnum ao Mellor Tratamento do Viño Galego fora de Galicia.
Entre os nominados están adegas, entidades e viños do Salnés como o Concello de Cambados, Pazo Rubiáns, Eulogio Pumares, Lagar de Pintos ou o VideaFest.
En definitiva, un evento que congrega unha gran selección do panorama vitivinícola galego e que Vilagarcía aproveitará para exportar a imaxe da cidade cara o exterior.
Así o definían hoxe o alcalde, Alberto Varela, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoan Cannas, na presentación do certame, acompañados polo organizador da Feira Castes, José Dieste.