#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Salón Peña de Cambados acollerá o próximo sábado 3 de novembro as Vl Xornadas de Degustación e Maridaxe dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Nesta edición, o Consello Regulador pretende dar á iniciativa un toque de maxia contando coa
colaboración de Dani Polo, o xoven mago finalista do concurso de TVE 'Pura Maxia', que incorporará ilusionismo ao taller de cata.
Corno en anteriores ocasións, a asistencia ás actividades propostas para esta xornada é de carácter gratuíto. previa inscripcion.
Todas as persoas interesadas en participar deberán reservar a súa praza a través do teléfono 986 520 786 ou enviando un correo electronico a [email protected]
A outra novidade do programa deste ano é a colaboración do presidente da Asociación de Repostería Tradicional de Melide Melide Terra Doce, Alberto Rodríguez, que preparará en directo dúas elaboracións que armonizarán os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia coa reposteria melidense
O concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, e á vogal do Consello Regulador insistiron esta mañá na importancia de consumir augardentes e licores debidamente etiquetados con selo de calidade e orixe.
Unha labor de concienciación que vai dando os seus frotios.
Segundo o Consello Regulador as vendas incrementáronse nun 80% con respecto a 2012.
As Vl Xornadas de Degustación e Maridaxe darán comezo o sábado pola mañá coa apertura do Túnel dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
O horario de visita será de 12.00 a 14 00 e de 15.30 a 20 30 horas.
As actividades comezarán ás 16.00 horas co Taller de Cata A Maxia do Augardente.
A continuación, ás 18.00 horas, terá lugar as proposta Augardentes e Licores Tradicionais na cociña e na coctelería.
O chef do Casino da Toxa, Mark Wernink, e o cociñeiro do Hotel Eurostars lsla da Toja, Fran Castro, prepararán en directo tres pratos entre cuxos ingredientes se atopan os destilados galegos con selo de calidade e orixe.
Tamén os utilizará o barman Anxo Camiña para elaborar tres cócteles creados especialmente para a ocasión.