#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Deputación de Pontevedra leva investidos durante os tres anos de lexislatura 59 millóns de euros nos concellos da comarca do Salnés, xunto con Catoira, Pontecesures e Valga, entre os diferentes Plans Provinciais.
É o balance que facía esta mañá a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun almorzo informativo cos medios no que dixo sentirse orgullosa do seu goberno e rexeitou a falta de equidade nas inversións.
Preto de 29 millóns corresponderon ao Plan Concellos e outros preto de 16 millóns ás distintas áreas do Goberno provincial.
“Datos obxectivos, de números que se poden comprobar un a un”, dixo a presidenta provincial.
Segundo Carmela Silva, “é o maior investimento da historia da Deputación nesta comarca, e moito máis importante que a que fixo calquera outra administración”.
“Non hai actividade ou servizo nos concellos de menos de 20.000 habitantes que non leven o nome e o apelido desta Deputación”, engadiu.
Concretamente, no Plan Concellos foron 3.461.054,56 € para Cambados, 1.517.758,93 € para Catoira, 2.867.134,43 € para O Grove, 1.514.684,04 € para A Illa, 1.810.723,13 € para Meaño, 1.730.707,84 € para Meis, 1.317.238,59 € para Pontecesures, 1.686.789,19 € para Ribadumia, 3.250.534,37 € para Sanxenxo, 1.823.018,26 € para Valga, 5.256.368,58 € para Vilagarcía e 2.694.154,41 € para Vilanova.
“Ao abeiro do Plan Concellos xa se levan realizadas preto de 300 obras nestes doce concellos, 117 en 2016, 104 en 2017 e 77 en 2018”.