#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Marcha Ciclista Unificada para personas con e sen discapacidade intelectual, que organiza Special Olympics Galicia por sexto ano consecutivo, chega este domingo 7 de outubro a Vilagarcía.
Será a fin de 4 etapas, unha por provincia, que comezarán este xoves na localidade ourensá de Baños de Molgas.
Nas diferentes marchas participarán en total 75 atletas con discapacidade intelectual, xunto a clubes de ciclistas e os 20 voluntarios que haberá en cada ruta.
O obxetivo desta iniciativa é ofrecer unha xornada de convivencia e de inclusión para amosar as destrezas que teñen as personas con discapacidade intelectual.
A ruta ciclista será inaugurada ao estilo das olimpiadas ás 10:45 e os ciclistas sairán en ruta as 11:30 da Praza da Segunda República de Vilagarcía.
O percorrido pasará por Carril e Vilaxoan, e daranse duas voltas cun total de 12km. Ademáis haberá tramos máis curtos, de 3km e 1km para os participantes con maior dificultade motriz.
Ao finalizar, sobre as duas da tarde realizaráse unha cerimonia de clausura.
A Marcha Ciclista Unificada foi presentada esta mañá en Vilagarcía por parte do presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, acompañado do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e do directivo de Con Eles José Luis Queiruga.