#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Asociación de Comerciantes Zona Centro cambia de sede e traslada as súas oficinas dende a Rúa Ourense ao inmoble da Rúa Nova onde antes se ubicaba a Mancomunidade do Salnés.
Alí agardan estar antes de que remate o ano con maior espazo para reunións e cursos.
O edificio, que está a ser obxecto de reparación da fachada, acollerá tamén a sede do Consorcio do Comercio do Salnés e da Fundación Plácido Castro, na planta segunda e terceira respectivamente.
As obras de acondicionamento exterior, financiadas a través do Plan Concellos, supoñen un investimento de 18.000 euros, trala baixa conseguida na licitación do proxecto de 4.000 euros, que agora se destinarán a amoblamentos interiores.
Previamente, o Concello de Cambados realizara o pintado interior e a consolidación do tellado por importe duns 20.000 euros.
Queda pendente agora a mellora da accesibilidade do edificio, que carece de ascensor, ao non recibir a axuda solicitada á Xunta.
En canto ás oficinas actuais de Zona Centro na Rúa Ourense, serán habilitadas para acoller as dependencias do Oral, que ocuparán a maiores o espazo onde se ubica Espina e Delfín.
A concesionaria do servizo da auga mudarase ao despacho da oficina de recadación provincial.
Cambios, que, en todo caso, para o Presidente de Zona Centro e do Consorcio do Salnés, Juan Rey, serán un revulsivo para o comercio da comarca xa que ambas entidades contarán con sede oficial.
Así o decía durante unha visita ás obras de reforma, acompañado polo Concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, e o Tenente de Alcalde Victor Caamaño.