#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Mensaxe de tranquilidade é a que quere transmitir a Xunta de Galicia pola presenza de microalga de cianobacteria no río Umia e no encoro de A Baxe.
Segundo o delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, “non existe problema algún para o consumo da auga nos concellos de Caldas, Portas, Vilagarcía de Arousa e no resto de concellos da Mancomunidade do Salnés e hai que ter cuidado con alarmar a sociedade sen necesidade”
Foi un dos puntos abordados esta mañá na reunión celebrada na delegación territorial co comité de emerxencia de Caldas de Reis creado con motivo da situación do rio.
“No río Umia, Sanidade non detectou toxina microcistina, producida por algunhas cianobacterias, tamén coñecidas como microalgas verdes-azuladas”, matizou o deletado territorial, quen sí confirmou que “existe esa alga no río e no encoro aínda que por debaixo dos niveis preventivos da OMS”.
Asimesmo, durante a reunión, falouse especialmente dos traballos de limpeza do río.
Cores Tourís recordou que xa nos últimos anos estivéronse levando a cabo traballos deste tipo, retirando troncos do río, plantando especies de ribeira que suxeitan a terra.
En todo caso, o delegado trasladoulle ao alcalde de Caldas que “non hai problema en volver a levar a cabo traballos de limpeza”.
Aínda así, insistiu en que Augas de Galicia xa lle dixo ao Concello que ten que actuar no tramo urbano do río. Neste senso, Cores Tourís explicou que a Xunta está disposta a chegar a acordos de colaboración con este fin, pero sempre acorde aos informes técnicos e sempre aplicando métodos manuais.
En relación ao baño no río Umia, o delegado territorial lembrou que ata chegar á cifra de 20.000 células non é preciso avisar da prohibición para o baño, xa que esta dase cando se superan os 100.000.
“Aínda así, recomendámoslle ao concello de Caldas que a puxera un cartel que recomendase non bañarse no río. O alcalde puxo un cartel dicindo que estaba prohibido o baño, cando non era necesario prohibilo; só era necesario non recomendar o baño, porque os niveis non chegaban ao que marca a lei sanitaria”.
Mañá haberá outra reunión na Delegación Territorial da Xunta cos concellos de Cuntis e Moraña para analizar a situación.
Ademais, José Manuel Cores Tourís tamén confirmou que celebrará unha reunión proximamente entre Augas de Galicia e o comité de emerxencia de Caldas de Reis para ir avanzando nas solucións á presenza desta alga.