#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Vilagarcía innova o seu sistema tecnolóxico de xestión tributaria para a recadación e inspección dos impostos.
Unha nova Aplicación Informática de Administración Electrónica de Facenda permitirá aos cidadans crear o seu propio calendario de pago das taxas municipais e adaptalo a súa económia familiar.
Tamén poderán realizar consultas e trámites sobre os recibos.
Ademáis mellorará a xestión interna municipal, posibilitando a conexión de servizos e con outras administracions.
Esta nova aplicación de xestión tributaria sacarase a licitación a vindeira semana por importe de 462.000€ euros, financiados cos fondos feder do programa Vilagarcía Avanza.
Será, segundo o Concello, unha “revolución” tecnolóxica para adaptarse ao século XXI.
Así o explicaban hoxe o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Facenda, Luz Abalo.