#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O equipo de goberno de Cambados considera que a Festa do Albariño 2018 foi un éxito, cumplíronse as expectativas, tivo unha gran reprecusión para a hostelería local e desenvolveuse sen incidencias graves.
Así o resumía a alcaldesa, Fátima Abal, no balance do que foi a edición deste ano, acompañada polos seus socios de goberno no cuatripartito.
Unha valoración na que non faltaron respostas para o Consello Regulador Rías Baixas sobre “a deriva” que ao entender do presidente da D.O está collendo o evento debido ao “botellón”.
“Levamos 3 anos na festa e non 66, se nos achacan cousas que están fora de lugar e que son consecuencia por non tomar medidas no seu momento”, sinalou o Concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño.
“Entendemos que temos que ir mellorando pero non se nos poden achacar problemas que veñen dende hai polo menos dúas décadas. Fomos nos quen mais fixo en menos tempo por erradicar o botellon. Prohibimos os postos de venda de licores e alcohol. Amosamos vontade de colaboración co Consello Regulador e non nos vemos correspondidos. Nos defendemos o sector do viño e que sexa unha festa do viño, antes non se facía e non vin que o Consello Regulador criticase o anterior goberno municipal que permitía todo tipo de licores destilados polo entorno do paseo da Calzada”, argumentou o Concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais, Tino Cordal.
Polo demáis, o cuatripartito de Cambados coincide en que a Festa do Albariño foi todo un éxito a pesar da vaga de calor que afectou á asistencia de xente durante o día.
Os membros do goberno local destacan o traballo dos operativos de seguridade e de limpeza, así como a programación e toda a organización en xeral.
Esta edición do Albariño “en feminino” estivo libre de violencias machistas con punto morado e cero agresións sexuais, recalcou a alcaldesa.
O control de aforo “que a algunhas persoas lle resultou algo incómodo veu para quedarse” e o
modelo cultural, igual ao do ano pasado, “funcionou ben pese ao calor que impediu disfrutar das actividades pensadas para o día”, estimou Victor Caamaño.
En cifras económicas, o Concello investiu 300.000 euros na Festa do Albariño, e conseguiu recuperar 168.000 euros por taxas dos postos de venta, das barras dos locais e de diferentes axudas das administración e outras entidades, sinalou Tino Cordal.
No Xantar Solidario conseguiuse recadar 2.500 para o Refuxio de Animais de Cambados e contou cos asistencia de 600 comensais dos cales 288 pagaron os seus pratos e 192 foron convidados, entre eles, autoridades e membros do Capitulo Serenisimo e do Consello Regulador.
Os 120 restantes corresponden ás adegas, que entregaron 18 botellas de viño cada unha.
En canto ás incidencias, este ano non houbo ninguna de consideración, con 140 persoas atendidas no centro de saúde. O cambio dos cataviños por outros cun tallo máis corto e a recollida de vidro por parte dos operarios de limpeza axudaron a reducir á metade os cortes.
O operativo de seguridade e limpeza funcionou como estaba previsto, non houbo incidencias destacables, o tráfico foi fluido e en total recolléronse 109 toneladas de basura, das cales 7 foron de vidro, 2 de cartón e 100 de orgánicos, afirmou o Concelleiro de Obras, Servizos e Seguridade, José Ramón Abal.