#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Cambados está xa inmerso na Festa do Albariño, que comezou co pregón que dende o balcón do Concello pronunciou este ano a cambadesa Merchi Alvarez, presidenta da Fundación GaliciAme.
Tralo pregon, pronunciado nunha Praza do Concello ateigada de veciñ@s e visitantes, todo se trasladou ao Paseo da Calzada, onde están instaladas as 42 casetas da D.O Rías baixas.
A comitiva institucional, coa presencia da alcaldesa, Fátima Abal, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, inauguraron o entorno vitivinícola co tradicional corte da cinta, acompañadas do Presidente do Consello Regulador Rías Baixas.
Todos eles coincidiron en sinalar a importancia da Festa do Albariño para a promoción turística e para o sector vitivinícola.
Asimesmo, foi inaugurado o Punto Morado ao que as mulleres poderán acudir durante os cinco días de festa ante posibles agresións machistas.
Alí estará persoal especializado e integrantes do grupo de voluntarias que, ademáis, patrullarán a vila cun brazalete morado, repartindo folletos informativos e vixiando que non haxa incidencias.