#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Alcaldes e concelleiros do PSOE da comarca do Salnés defenderon esta mañá a súa ausencia no pleno da Mancomunidade do Salnés que aprobou o orzamento para o 2019 de 4,3 millóns de euros, un 37 por cento máis que este ano.
Tal como estaba anunciado, os socialistas non acudiron ao pleno para visibilizar o seu rexeitamento a raiz das polémicas declaracións de Gonzalo Durán contra Carmela Silva.
Neste sentido, os populares recriminaron a actitude do PSOE denunciando falta de coherencia, "posto que sí acuden ao pleno de Vilanova, que foi onde Durán realizou as polémicas declaracións, e non o fan ao pleno da Mancomunidade onde se tratan temas de interés para toda a comarca".
Dende o PSOE da comarca, os alcaldes de A Illa e de Vilagarcía resumían esta mañá a súa posición, reiterando que seguirán sen acudir aos órganos representativos da Mancomunidade do Salnés mentres siga Durán de presidente.
Acompañados dos rexedores de O Grove e Cambados, aseguraron continuarán coa decisión consensuada despois de que o PP non asumira a portunidade de sustituir a Durán ao fronte da entidade comarcal.
En todo caso, seguirán formando parte dos servizos mancomunados.