#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Somos Cambados presenta ás eleccións municipais unha candidatura que conxuga experiencia e renovación e coa que pretende liderar o goberno municipal despóis do 26 de maio.
A formación de esquerdas proponse "consolidar o cambio nos próximos catro anos con persoas moi formadas e representativas de todas as parroquias e de todos os sectores productivos”.
O cabeza de lista, Tino Cordal, destacaba esta mañá, durante a presentación realizada no parque das palmeiras do Paseo da Calzada, que Somos Cambados foi a verdadeira alternativa ao PP hai catro anos e agora volve a ser decisivo para facerlle fronte aos populares”.
Asimesmo, incidía en que foi o grupo municipal que máis acordos de goberno conseguiu para levar a pleno e o que máis mocións presentou ante a corporación.
A candidatura de Somos Cambados está encabeza por Tino Cordal, actual Tenente de Alcalde e responsable das áreas de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade.
Natural de Fefiñáns e veciño de Oubiña, é Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense, Master en Administración Pública pola Universidade de Lovaina (Bélxica), e Profesor da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e Vicedecano da Universidade de Vigo.
Nestes catro anos compaxinou a docencia no campus de Pontevedra e Ourense coa actividade municipal, sendo o único dos candidatos á alcaldía que non percibiu ningún salario pola a súa actividade política.
O empresario e actual Concelleiro de Economía e Facenda e Promoción Económica, Xurxo Charlín, mantén o número dous da candidatura.
A número 3 é Carolina Aragunde Laya, natural de Vilariño e veciña de Corvillón. Licenciada en Xornalismo e empresaria.
Traballou durante 5 anos no Reino Unido en diferentes empresas do ámbito da comunicación, as ventas e a comercialización dixital.
Fernando Rey, natural de Castrelo, é o 4º integrante da candidatura de Somos. Directivo dunha cooperativa vitivinícola e presidente do Club de Atletismo Cambados, na actualidade traballa como axente inmobiliario.
Noelia Gómez, veciña de Cambados, ocupa o número 5 de Somos Cambados.
É fundadora e presidenta do Club INNAE Cambados de Taekwondo, cinturón negro Terceiro Dan e árbitro nacional.
Noelia foi a organizadora do Campionato provincial de taekwondo para escolares, celebrado en Cambados hai unhas semanas.
A candidata número 6 é Teresa Piñeiro Morrazo, natural de Corvillón e veciña de Fefiñáns. Representante das mariscadoras na Confraría de pescadores de Cambados e membro do Cabildo.
No posto número 7 sitúase Antón Cordal Barreiro, veciño de Cambados e director administrativo dunha empresa depuradora de moluscos en Castrelo. Xa formou parte da anterior candidatura.
Silvia Vozza Chazo é a número 8. Veciña de Corvillón é técnica en atención sociosanitaria a domicilio.
A filóloga de Vilariño e profesora do IES Asorei, Inma Castro González, ocupa o noveno lugar da candidatura.
E no décimo posto sitúase o profesor de ensino Manuel Fariña, licenciado en Ciencias Políticas e Diplomado en Maxisterio. Colaborador do fútbol base do Club Juventud Cambados e membro de varias asociacións culturais.