#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados prepara para esta Semana Santa un ciclo de catas comentadas do 16 ao 21 de abril, co fin de poñer en valor e dinamizar o Museo do Viño.
Baixo o nome de “Apaixónate”, nun guiño á Semana Santa, un total de 8 adegas, Martín Codax, Terras de Asorey, Don Olegario, Paco&Lola, Lagar de Costa, El Secreto de Candela, Just B Wines e Anónimas Viticulturas, estarán presentes nesta iniciativa.
A participación é gratuita cun aforo de 20 persoas e as inscripcións poden realizarse a partir de mañá a través da oficina de Turismo de Cambados.
Os detalles nolos explicaban o Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, e o responsable da empresa Enoturismo Rías Baixas, Jacobo Aragunde, acompañados de parte das adegas.