#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Vilagarcía estrea a cuarta edición do "Ágora Vermú", o ciclo de concertos matutinos ao aire libre que enche os domingos de música na vila.
Este ciclo de concertos organizado pola Concellería de Cultura comezará o domingo 12 de maio coa actuación de Mad Mission ás 13 horas na Praza da Liberdade de Carril.
Este ano, os concertos continúan percorrendo diferentes parroquias da Vila, e, ademáis da céntrica Rúa Valentín Viqueira e a Praza de Ravella, tamén se repetirán actuacións na Praza de Rafael Pazos en Vilaxoán, na Praza da Liberdade de Carril e no Piñeiriño. Asimesmo, nesta ocasión, os concertos chegan por primera vez ao Parque da Coca e ao Parque Dr. Carús de Trabanca Badiña.
A Mad Mission, seguiranlle Moon Cresta, Cachas and Cousins, Flip Corale y los Macabros, Boyanka Kostova, Best Boy e Plazoleta.
Así o explicaba está maña a Concelleira de Cultura, Sonia Outón, xunto co alcalde Alberto Varela, acompañados do grupo vilagarcián Plazoleta que pechará o 23 de xuño este novo "Agora Vermú".