O persoal da área sanitaria do Salnés volveu concentrarse este mediodía en protesta pola reforma da Lei de Saúde.
Será a última concentración semanal que se realice xa que a xunta de persoal do Hospital do Salnés, prefire, a partir de agora, adicar todas as forzas á preparación das novas accións acordadas na Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, reunida nas últimas horas.
Entre elas, unha gran manifestación o próximo día 29 de setembro que saldrá dende a Casa do Mar de Vilagarcía ás 20.30 horas.
Ademáis, tamén editarán 10.000 folletos informativos para repartir entre a cidadanía aproveitando días de gran afluencia en Vilagarcía ou Cambados, como os mercadillos semanais.
A maiores, a Plataforma do Salnés prepara tamén unha convocatoria dirixida a todas as asociacións dos seis concellos que forman parte desta área sanitaria, que coa reforma será eliminada para converterse nun distrito con Pontevedra.
Todo elo o explicaba esta mañá a representante da xunta do persoal do Hospital do Salnés, Celia Iglesias, durante a concentración realizada ante as portas do centro de Rubiáns, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
A última concentración semanal coincidiu coa sesión de control no Parlamento de Galicia na que o portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou a Feijóo que “volva á casilla de saída” e retire o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde concebido, asegurou, para reducir servizos.
O responsable socialista dedicou a sesión de control ao presidente no Pleno de hoxe para cuestionar unha reforma que entende “só beneficia á sanidade privada”.
Unha sesión que foi seguida de preto polo alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, que se trasladou a Cámara Galega ao igual que outros alcaldes de áreas sanitarias afectadas.