Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 23/10/20
    No boletín informativo de Radio Cerna desta semana atoparedes referencias á dubidosa actitude "verde" dalgunhas empresas eléctricas que operan no país, que ben proxectan centrais hidroeléctricas agresivas cos espazos naturais protexidos ou ben intentan esquivar responsabilidades sobre graves verteduras aos nosos ríos. Tamén informamos sobre novas ameazas de parques eólicos que afectan a hábitats de interese comunitario na zona sur de Galiza e damos conta do primeiro informe publicado sobre os incendios forestais do que vai de ano, no que Ourense obtén un papel destacado.
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 02/10/20
    Nos últimos días houbo novidades sobre Alcoa, a transición ecolóxica en Galiza e o estado de saúde dos ríos e dos mares.... Acompáñanos de novo no repaso da actualidade medioambiental da última semana en Galiza!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 18/09/20
    Moi boas a todxs! Retomamos a emisión de novos espazos informativos de Radio Cerna que che ofrece ADEGA todos os venres nesta canle online e tamén en máis de 20 emisoras municipais e locais de Galiza. Se queres estar ao tanto do que acontece no medio ambiente galego, escoita! Esta semana abordamos a actualidade sobre os incendios forestais de Ourense, as últimas novas sobre a expansión da Covid-19 e algunha iniciativa que se toma para afrontar a transición ecolóxica do país.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 24/07/20
    Novos proxectos mineiros ameazan a tranquilidade dos veciños de Beariz; Naturgy presenta o seu plan de desmantelamento da térmica de Meirama e Vigo quere adaptarse á directiva europea da auga para cumprir os obxectivos en eficiencia. Estas e outras son as novas ambientais que recolle este boletín de Radio Cerna e que despide un novo ciclo. Voltaremos con nova programación no mes de setembro. Radio Cerna agarda por ti!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 17/07/20
    Neste repaso informativo da semana, amosámosche os últimos datos de afectados pola Covid-19 en Galiza, a repercusión da pandemia a nivel global e algúns resultados de estudos en canto á reducion de emisións contaminantes ou á expansión de especies exóticas invasoras ou pragas.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 10/07/20
    Escoita neste boletín o repaso resumido que fai ADEGA da "era Feijóo" en materia medioambiental en Galiza, ademais doutras novas da semana que teñen que ver coa nosa contorna natural. Valo perder?
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 03/07/20
    Esta semana tivo lugar un fito histórico en Galiza: o peche da central térmicade Meirama, tras 40 anos contaminando a atmosfera e sen un plan alternativo para o desenvolvemento socioeconómico da bisbarra. ADEGA recupera grande parte da súa actividade educativa no exterior e hoxe é o Día Mundial sen Plástico. Estas e outras novas ambientais neste espazo de Radio Cerna!
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.