Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 28/05/21
    Uns 50 colectivos de diversa índole convocan para o Día mundial do Medio Ambiente unha gran manifestación contra o actual modelo eólico que pretende inzar de aeroxeradores todo o territorio galego. A sacudida eólica que está a sufrir o país está espertando un rexeitamento social contra os proxectos eólicos que se leva manifestando nas últimas semanas a través de marchas locais e outros actos reivindicativos, como a andaina polo Suído, o recital nos penedos de Traba e Pasarela ou o roteiro polos montes de Brión. O caso do Eume volve resoar pola multa e indemnización de 2 millóns de euros que a Xunta lle reclama pola grave contaminación sufrida polo río o pasado mes de agosto. Isto e moito máis no programa Cerna de hoxe!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 21/05/20
    Enerxía eólica, posible neglixencia da Xunta no ámbito forestal, xabaril e lobo... algúns dos temas sobre os que pivotou esta semana a actualidade ecoloxista de Galiza. Animámoste a escoitar a información completa.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 07/05/21
    Seguimos abordando a actualidade ambiental de Galiza na que ultimamente sobresae a cuestión eólica. Nesta semana, a nova foi a información negativa da Xunta a algúns dos proxectos en tramitación. Se queres máis detalles, escóitanos!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 30/04/21
    Algunhas das novas que nos deixa a semana: O Senado aproba a lei de cambio climático, o goberno estatal frea o depósito de áridos a carón da illa Sálvora e comezan a agromar as mobilizacións presencias en contra dos macroproxectos eólicos. O activismo ecoloxista rexorde en contra do que xa se denomina o novo "espolio" do territorio galego. Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 23/04/21
    No día posterior ao Día da Terra repasamos a actualidade ambiental galega, que volve estar protagonizada polos macroproxectos eólicos, os fondos next generation e a moratoria forestal. A sorpresa da semana: Ence valora mudar de emprazamento, pero non agora. Se queres saber máis, escoita!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 16/04/21
    O impacto dos novos proxectos eólicos na sociedade galega está a facer agromar novas plataformas que reivindican a defensa do rural. Nos últimos días nas comarcas do Deza e Bergantiños. Os sindicatos agrarios alertan das consecuencias para o agro, e, por primeira vez, alcaldes do PP din non ao actual modelo eólico. Tamén se manifestan os órganos xestores de Reservas da Biosfera (Mariñas-Terras do Mandeo), consellos regulares e selos denominación de orixe... Alén da revolución eólica, este espazo tamén se fai eco do informe de Ence sobre a contaminación por mercurio do recinto de Elnosa.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 09/04/21
    ADEGA intensifica a súa campaña de vixilancia e denuncia de cortas e plantacións ilegais en vista da nova vaga eucaliptizadora que parece percorrer o país. Esta semana, tamén a vaga incendiaria chegou ás montañas orientais galegas; o Congreso aprobou a Lei de Cambio Climático, e a Xunta anunciou recurso no Constitucional. Despunta na actualidade informativa medioambiental a aparición de novas plataformas veciñais en contra dos macroproxectos eólicos. Atoparás máis contido informativo neste espazo de Radio Cerna.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 26/03/21
    Tras un período de descanso, Radio Cerna regresa co repaso semanal da actualidade ambiental galega. Nesta última semana, a cuestión forestal e enerxética centraron o ecodebate social. Preme e escoita!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 12/02/21
    Arredor do medio rural galego pivota toda a información ambiental de maior actualidade recollida neste espazo de Radio Cerna: plano forestal, lobo, gandería industrial, eólicos.... O rural galego está mudando a marchas forzadas! Escoita...
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 05/02/21
    Esta semana produciuse un novo fito ecoloxista: o lobo declárase especie protexida tamén ao norte do Douro, onde deixará de ser especie cinexética (tamén en Galiza). E aparece a primeira poboación ivernante de miñato real en territorio galego! Nace a plataforma estatal ALIENTE a prol da biodiversidade e fronte ás renovábeis a grande escala e, por outro lado, continúa a incesante pingueira de novos proxectos eólicos que se queren instalar nas serras galegas... Isto e moito máis no programa de hoxe de Radio Cerna.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.