Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 29/01/21
    Benvidas a un novo espazo de Radio Cerna, espazo radiofónico promovido por ADEGA, no que repasamos a actualidade ambiental. Desta volta, recuperamos algúns clásicos: eólicos, eucalipto e lobo. Se queres ampliar información, preme e escoita...
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 22/01/21
    Primeiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns de Galiza, e segundo no Estado, fai saltar as alarmas das que xa advertiran hai meses os ecoloxistas. Reclaman agora con maior contundencia o peche destas instalacións en todo o territorio galego, que acolle o 80% de todas as granxas de visión do Estado. A outra nova destacada da semana é o anuncio do peche da térmica das Pontes por Endesa. Un fito histórico para os ecoloxistas e unha traición de Endesa para os políticos galegos. Todo isto e máis neste programa de Radio Cerna.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 08/01/21
    Radio Cerna volve este ano 2021 con máis información ambiental do país. Neste espazo atoparás un novo boletín informativo ambiental coas novas máis destacadas dos últimos días sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. O ecoloxismo non descansa! Preme e escoita!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 18/12/20
    Esta semana veu cargada de boas novas para os movementos ecoloxistas e para o noso patrimonio natural e cultural. O TSXG anula o proxecto eólico Serra do Iribio en Ancares-Courel, zona de Rede Natura; o TS anula a licenza municipal da canteira de Cementos Cosmos de Triacastela que ameaza o BIC Cova Eirós e tamén o TSXG se pronunciou a favor dos traballadores de Alcoa e en contra do ERE presentado pola multinacional. Ao par, apróbase o estatuto de electrointensivas... Estas e outras novas, no último espazo de Radio Cerna deste ano 2020. Valo perder? Felices festas e ata o ano 2021!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 04/12/20
    Ameaza a sobra de novas mareas negras cos casos de encallamento do buque afundido no día de onte en Vigo, ou co quimiqueiro que tivo que ser remolcado ao porto exterior da Coruña, nunha semana no que se celebra o 18 cumpreanos da catástrofe ecolóxica producida polo Mar Exeo, enfronte as costas da Coruña. Alén diso, a transición ecolóxica e os proxectos estrela da Xunta volven apuntar cara unha nova eucaliptización e a implantación masiva de eólicos nos montes galegos sen ningún tipo de ordenación. Ademais destas, outras novas conforman a actualidade ambiental galega desta semana. Escóitaa en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 27/11/20
    En tan só unha semana o goberno de Núñez Feijóo destituíu a dous dos seus pesos pesados, os directores de enerxía e mina e de montes, e na mesma, anuncia unha lei de reactivación empresarial e modificación 25 normas a través da lei de acompañamento dos orzamentos. Estas e moitas outras novidades da semana en Radio Cerna.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 06/11/20
    A transición ecolóxica e os proxectos mineiros que se intentan xustificar neste procesos centran os contidos do boletín informativo ambiental desta semana. Escoita que outras novas nos deixou a semana no eido ambienta, aquí en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 30/10/20
    No boletín informativo ambiental de hoxe: a devesa de Anllares, mala praxe cinexética, urbanismo na ría do Burgo e o reparto de orzamentos do goberno central para a mobilidade en Galiza. Preme e escoita o que nos deixou a actualidade ambiental da semana.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.