Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 03/01/20
    Neste primeiro boletín informativo ambiental do ano 2020 afondamos sobre apetición de Endesa do peche da central das Pontes e na suba do prezo dos combustibles e dos transportes... O cambio climático faise notar! Feliz Ano!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 27/12/19
    Nesta semana de Festas as chuvias e desbordamento de ríos foron as protagonistas e deixaron ao descuberto os lugares e zonas de inundación que foron ocupadas por un urbanismo mal planificado. Tamén se abordaron os distintos xeitos de celebrar o Nadal, desde unha perspectiva turística e consumista como a promovida por Abel Caballero, ata a máis ecolóxica, aconsellada por ADEGA. Estes e outros temas nun novo boletín informativo de Radio Cerna. Escóitao aquí!i
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 20/12/19
    Esta semana deixou novidades no eido dos residuos, do clima ou da xestión litoral. Novas propostas lexislativas que afectan ao territorio e á xestión dos recursos antes do remate do ano. Desde Radio Cerna desexámosche Felices Festas!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 13/12/19
    As Pontes ou Alcoa seguen a ocupar gran parte do espazo informativo dos últimos días, ademais da outra protagonista da semana, Greta Thunberg, nomeada Persoa do Ano pola revista Time. Se queres coñecer que novidades deixou esta semana neste e noutros temas de carácter ambiental, escoita este espazo.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 25/10/19
    No boletín informativo de hoxe repasamos as novas dunha semana treboenta no terreo ambiental. A paralización das obras do parque eólico do Iribio, o xuízo contra dous ex-altos cargos da Xunta pola dragaxe da ría de Ferrol ou o baleirado da lagoa de Casalonga... algúns dos asuntos de actualidade sobre os que tratamos neste espazo.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.